Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23 de novembro-22 de decembro (Bruxelas-Santiago de Compostela). Prazo de solicitudes bolsa de formación para titulados superiores no ámbito da I+D+i

A bolsa terá unha duración dun ano e se desenvolverá integramente na oficina da FGE en Bruxelas, onde a persoa seleccionada se unirá ao equipo de bolseiros da Fundación. Tamén existe a posibilidade de que o seleccionado realice breves periodos formativos nas dependencias de GAIN en Santiago de Compostela. O período de prácticas desenvolverase durante doce meses en 2018. O plan de formación consistirá no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e incluirá a asistencia ás reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIn e a Vanguard Initiative.

A convocatoria detalla os prazos e procedementos para a presentación de solicitudes, as fases do proceso de selección e os requirimentos de admisión entre os que destacan ter unha vinculación con Galicia, ter obtido un título universitario superior con posterioridade a 2010, non ser beneficiario de ningunha convocatoria anterior de bolsas da FGE ou demostrar o dominio das linguas galega, española e inglesa, entre outros.

Aqueles interesados poderán presentar as súas candidaturas coa documentación esixida ata o día 22 de decembro. Como novidade deste ano, as solicitudes enviaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Consulte aquí a convocatoria

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante