Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22-23 de xuño (Santiago de Compostela). Curso monográfico 60 anos da Unión Europea: Balance e perspectivas

Logo do 60 aniversario dos Tratados de Roma. © Unión Europea

En conmemoración do 60 aniversario da sinatura dos Tratados de Roma, a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) convoca un curso de dous días en Santiago coa finalidade de analizar os fitos acadados pola Unión Europea desde a súa constitución ata a actualidade, así como o futuro do proceso de integración. Se prestará especial atención ás incertezas derivadas do Brexit e demais retos que a Unión deberá afrontar os próximos anos.
O curso está dirixido a persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e dos entes do sector público autonómico, da Administración de xustiza, das universidades galegas, xuristas, profesionais, docentes, alumnos/as universitarios/as e persoas interesadas en xeral.

Tes máis información e acceso á inscrición aquí.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante