Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/11/2021

A Xunta inaugura a última edición do ano do curso especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

5450F_1636468961_TECEU_1.jpg
  • A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, pon en valor o esforzo realizado polo seu equipo para organizar cinco edicións do programa formativo “TecEuropa” en 2021, así como o compromiso da entidade coa formación especializada do persoal técnico galego
  • Ao longo de cinco xornadas, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación ”Next Generation UE”

Bruxelas, 9 de novembro de 2021.- A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou esta mañá a décimo quinta edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa” da Fundación Galicia Europa.

Este programa formativo ten por obxectivo proporcionar ao persoal técnico das entidades públicas e do terceiro sector de Galicia unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles. 

Durante a súa intervención, a directora deu a benvida aos máis de medio centenar de asistentes, de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro, e puxo en valor o esforzo realizado polo equipo da Fundación Galicia Europa para levar a cabo cinco edicións deste programa en 2021, coas que a entidade dá cumprimento ao compromiso adquirido na última reunión do seu padroado en 2020, de continuar facilitando ás entidades galegas o acceso ás distintas fontes do financiamento europeo. 

Ao longo desta e das próximas catro sesións, os asistentes abordarán en detalle todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 21-27 e ao instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, con especial fincapé nas transicións ecolóxica e dixital e en programas europeos como Life e Horizonte Europa, da man de especialistas e de representantes da Comisión Europea.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de 14 edicións á formación de máis de 450 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o
curso galego de referencia nesta materia.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante