Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/09/2021

A Xunta inaugura a primeira edición para as ONGD galegas do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

5402F_1631626005_JGA_inauguraci__n_TECEUROPA_ONGD.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, remarca a importancia desta edición como parte do compromiso da Xunta de apoiar a formación dos axentes de cooperación e de facilitar o seu acceso a novas fontes de financiamento internacional
  • Ao longo de cinco sesións virtuais, case medio cento de axentes de cooperación galegos poderán coñecer máis sobre as liñas de financiamento europeo existentes en materia de axuda humanitaria e de cooperación ao desenvolvemento en América Latina e África

Bruxelas, 14 de setembro de 2021.- Esta mañá, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa (FGE), Jesús Gamallo, inaugurou a décimo cuarta edición do curso da FGE de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, destinada, por primeira vez, á formación das organizacións galegas non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD).

Durante a súa intervención, o director xeral fixo fincapé na importancia desta edición, que, como sinalou, atende ao dobre compromiso adquirido polo Goberno galego no IV Plan Director da Cooperación Galega de, por unha banda, apoiar a formación e a capacitación especializada dos actores e axentes galegos de cooperación e, por outra, de facilitar o seu acceso a novas fontes de financiamento internacional.

O programa formativo que comeza hoxe, baixo a moderación da directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, permitirá aos participantes de case medio cento de ONGD galegas abordar, da man de diferentes representantes da Comisión Europea, as diversas accións comunitarias postas en marcha no marco da cooperación ao desenvolvemento e da axuda humanitaria, con especial fincapé na cooperación en América Latina e nos países africanos de fala portuguesa, así como coñecer máis sobre as fontes de financiamento existentes a nivel europeo en ambas zonas xeográficas.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de 13 edicións á formación de máis de 450 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o
curso galego de referencia nesta materia.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante