Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/05/2021

A Xunta abre a inscrición do primeiro curso de especialización en financiamento comunitario TecEuropa destinado a entidades privadas

5339F_1621856308_TecEuropa_empresas.jpg
  • En cinco sesións entre o 8 e o 18 de xuño, os asistentes coñecerán o Plan de Recuperación para Europa e as políticas europeas que máis lles afectan como o Pacto Verde ou a Estratexia Europea para pemes
  • Por primeira vez, o curso de especialización en financiamento comunitario TecEuropa está destinado ás empresas e entidades de apoio empresarial

Bruxelas, 24 de maio de 2021.
A Fundación Galicia Europa abriu o prazo de inscrición para unha nova edición do seu curso de especialización en financiamento comunitario TecEuropa.

Esta décimo terceira edición está destinada a empresas e entidades de apoio empresarial como cámaras de comercio, clústeres ou asociacións empresariais e desenvolverase de xeito virtual entre o 8 e o 18 de xuño de 2021.

Ao longo de cinco xornadas, os asistentes poderán profundar, da man de especialistas e de representantes comunitarios, en todos os aspectos relativos ao Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, ao novo instrumento temporal de recuperación Next Generation UE e ás políticas comunitarias máis relevantes para eles, como a Estratexia europea para pemes.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de 12 edicións á formación de máis de 400 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.

Pode atopar máis información e acceder á páxina de inscrición deste curso gratuíto a través da seguinte ligazón.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante