Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/04/2021

A Xunta abre a inscrición ao curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

5306F_1618077361_TecEuropa_img.jpg
  • Ao longo de cinco xornadas, os asistentes profundarán en todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”

Bruxelas, 10 de abril de 2021. A Fundación Galicia Europa abreu onte o prazo de inscrición para a nova edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”. Esta 12ª edición, moderada pola directora da oficina da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, celebrarase de xeito virtual entre o 20 e o 30 de abril de 2021 e estará destinada a entidades públicas e privadas galegas sen ánimo de lucro.

Ao longo de cinco xornadas, os asistentes poderán profundar, da man de especialistas e de representantes comunitarios, en todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, con especial fincapé nas transicións ecolóxica e dixital e en programas europeos como Horizonte Europa.

Tras a alta demanda percibida na edición de 2020, e tras escoitar as suxestións dos asistentes, o padroado da FGE e o seu director, Jesús Gamallo, acordaron na súa última reunión do ano 2020, a celebración de novas edicións de TecEuropa neste ano, no marco do compromiso da entidade coa captación de financiamento comunitario para entidades galegas. Así, a primeira das cinco novas edicións acordadas tivo lugar o pasado mes de marzo e estivo dedicada á formación de profesionais de entidades locais públicas galegas.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de dez edicións á formación de máis de 350 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.

Pode acceder á páxina de inscrición de este curso gratuíto a través da seguinte ligazón

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante