Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/11/2020

A FGE pecha a edición máis numerosa do programa TecEuropa coa participación de 70 técnicos galegos

5205F_1606482207_Gamallo.png.jpg
  • TecEuropa pecha a súa décima edición coa cifra de asistentes máis alta desde a súa posta en marcha no ano 2015 
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús  Gamallo, presidiu o acto de clausura de TecEuropa destacando a importancia de profundar no “por que” e “para que” dos novos fondos europeos de recuperación  


Bruxelas, 27 de novembro de 2020. Esta mañá, tivo lugar a última das cinco sesións en liña que compuxeron o curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”. Este programa formativo, posto en marcha en 2015 pola Fundación Galicia Europa (FGE), logrou situarse como o curso de referencia en Galicia nesta materia, contribuíndo ao longo das súas nove edicións á formación de máis de 185 profesionais e a consolidar e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, a través da cal compartir experiencias e coñecementos, así como desenvolver eventualmente proxectos conxuntos. 

De todas as edicións celebradas ata a data, esta décima foi a que contou coa participación máis numerosa, con de máis 70 asistentes. Uns participantes que, ao longo das dúas semanas programadas, puideron coñecer, a través de conferencias e sesións prácticas e da man de relatoras da Comisión Europea, os detalles do novo período financeiro comunitario 21-27 e do novo instrumento temporal de recuperación “NextGenerationEU”. 

O acto de clausura deste programa formativo ha estado presidido polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, quen resaltou a importancia de comprender ben as políticas que están detrás do novo instrumento de recuperación europea, principalmente, das transicións ecolóxica e dixital. Ademais, ao peche desta xornada a directora da oficina en Bruxelas da FGE, Ana Ramos, anunciou que a Fundación xa está a traballar na organización das próximas edicións de TecEuropa e destacou a importancia destas para a preparación dos profesionais galegos nun momento no que o papel da Unión Europea resulta crucial para a recuperación económica de Galicia. 
 

A Fundación Galicia Europa 

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante