Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/11/2020

Éxito de convocatoria para o curso “Novas estratexias para un turismo sostible”

5194F_1605625189_Cartel_Turismo_Sostible.jpg

  • O nivel de participación excedeu as expectativas da Fundación Galicia Europa, que realizará unha nova edición proximamente

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020. O curso sobre “Novas estratexias para un turismo sostible”, organizado pola Fundación Galicia Europa no marco do proxecto LIDERA, que deu comezo o pasado luns 9 de novembro cunha presentación por parte da Directora de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, María Baleato, finalizou cun gran éxito de convocatoria.

Durante as cinco xornadas de duración, o curso contou con ponentes como Moisés Jorge Naranjo, xerente do Padroado de Turismo de Forteventura; Tommi Alvarellos, presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia; Borja Batalla, vocal da Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo e Natureza (AGETAN); e Belén Mendoza, responsable de proyectos europeos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. O peche das xornadas púxoo Vítor Días, o Director do Instituto Portugués de Deporte e Xuventude.

Ao longo desta actividade formativa, as persoas participantes puideron abordar temáticas como a formulación de estratexias adaptadas ao novo contexto e a importancia das novas tecnoloxías na comunicación, en sintonía cos obxectivos da Unión de cara a promover a transformación dixital dos sectores de actividade. Nos vindeiros días manterase unha estreita colaboración entre as e os relatores e as persoas participantes, coa finalidade de que poidan levar a cabo todas as súas ideas emprendedoras no eido do turismo.

Grazas á alta demanda, a Fundación Galicia Europa anuncia que se levará a cabo, proximamente, unha nova edición do curso, á marxe do proxecto LIDERA e financiado e organizado pola FGE.

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (LIDERA, 0205_LIDERA_1_E) ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; a Fundación Galicia Europa; a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; o Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante