Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/11/2020

Dá comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades galegas

5193F_1605621137_teceuropa.jpg
  • Máis 70 asistentes de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa 
  • Este ano TecEuropa desenvólvese, por primeira vez, nun formato completamente en liña, con cinco sesións centradas no novo período financeiro 21-27 e no instrumento temporal “ NextGenerationEU”

Bruxelas, 17 de novembro de 2020. Hoxe, tivo lugar a primeira xornada de TecEuropa, o curso de especialización en financiamento comunitario, dirixido a entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro que buscan unha especialización nesta materia. Este programa formativo posto en marcha en 2015 pola Fundación Galicia Europa (FGE) contribuíu, ao longo das súas nove edicións, á formación de máis de 185 profesionais e a consolidar e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, a través da cal compartir experiencias e coñecementos, así como desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Nesta primeira xornada, a directora da oficina en Bruxelas da FGE, Ana Ramos, deu a benvida aos máis de 70 asistentes de 37 entidades galegas a esta décima dedición de  TecEuropa, que por primeira vez, e por mor da Covid-19, desenvólvese nun formato completamente  online.

Durante as cinco sesións que compoñen o programada, os asistentes poderán coñecer, a través de conferencias e sesións prácticas, da man de relatores da Comisión Europea os detalles do novo preríodo financeiro comunitario 21-27 e do novo instrumento temporal de recuperación “NextGenerationEU”. Un temario que, como destacou Ana Ramos durante a súa intervención, resulta de gran importancia dada a situación actual, xa que os acordos que se adoptaron no seo da Unión, para loitar contra a pandemia e afianzar a recuperación económica, cambiarán as  fontes de financiamento e reforzarán os obxectivos da Unión para a próxima década.

A Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Máis información:

Xunta

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante