Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/09/2019

A FGE publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos para participar na 9ª edición do programa TecEuropa

Logo del Programa TecEuropa (9ª edición).jpg
  • As persoas candidatas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles para poder emendar o defecto que motivou a súa exclusión.
  • O prazo oficial para presentar reclamacións ou enmendar os defectos na solicitude orixinal rematará o vindeiro mércores 2 de outubro.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2019. A través desta ligazón pode consultarse a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección dos 20 candidatos que participarán na novena edición do programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario, organizado bianualmente pola Fundación Galicia Europa (FGE).

As persoas aspirantes que estean provisionalmente excluídas, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir desta comunicación, para poder emendar o defecto que motivou a exclusión da súa solicitude orixinal. O prazo oficial para presentar reclamacións, ou ben corrixir os defectos na primeira solicitude, finaliza o próximo mércores 2 de outubro.

Os candidatos poderán achegar electrónicamente a documentación que estimen oportuna durante o transcurso deste procedemento administrativo a través da carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, tal e como establece o artigo 10 das bases reguladoras deste programa formativo.

Contido de TecEuropa
O programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario, que celebrará este ano a súa oitava e novena edición, está composto por unha parte teórica, a cal se desenvolverá na oficina que ten a Fundación Galicia Europa en Bruxelas, e unha parte práctica que se levará a cabo na oficina da FGE en Santiago de Compostela.

A primeira parte desta novena edición de TecEuropa terá lugar en Bruxelas entre os días 11 e 15 de novembro. Por outro lado, a segunda parte se desenvolverá en Santiago o día 26 dese mesmo mes. 

Todos os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar, durante o tempo que dure a súa estancia en Bruxelas, as sedes das institucións e órganos europeos co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante