Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/09/2018

Publícase a relación provisional de admitidos e excluídos para participar en TecEuropa

TecEuropa.jpg
  • As persoas aspirantes provisionalmente excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles para emendar o defecto que motivou a súa exclusión 
  • O prazo para presentar reclamacións remata o 10 de outubro
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018. Na seguinte ligazón pode consultarse a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección dos 40 candidatos que participarán nas dúas novas edicións do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa organizado pola Fundación Galicia Europa.

As persoas aspirantes provisionalmente excluídas, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir desta comunicación, para poder emendar o defecto que motivou a exclusión, achegando a documentación que estimen oportuna, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 7 das bases reguladoras.

Contido de TecEuropa

O programa TecEuropa, que celebrará xa a súa sexta e séptima edición, está composto por unha parte teórica, que se desenvolverá na oficina da FGE en Bruxelas, e unha parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días 11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición. 

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar, durante a estancia en Bruxelas, as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante