Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/11/2017

Comeza en Bruxelas a quinta edición do curso de financiamento comunitario TecEuropa na que participan 20 técnicos galegos

A directora da oficina da FGE en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, na presentación do TecEuropa aos participantes. © Fundación Galicia Europa
  • A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, inaugurou unha nova edición do curso de financiamento comunitario TecEuropa en Bruxelas
  • O TecEuropa, organizado pola Fundación Galicia Europa, ten por obxectivo tecer unha rede de técnicos galegos especializados en fondos europeos
  • 20 técnicos das administracións públicas e a empresa van recibir formación sobre a presentación e xestión de proxectos europeos e coñecer o funcionamento das institucións comunitarias
Bruxelas, 22 de novembro de 2017. A quinta edición do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa vén de botar a andar na oficina da Fundación Galicia Europa (FGE) en Bruxelas. O directora da oficina da FGE en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, foi a encargado de presentar esta nova edición, que ten lugar entre os días 21 e 24 de novembro en Bruxelas e os días 30 de novembro e 1 de decembro en Santiago de Compostela, organizada unha vez máis pola FGE. 

Curso de financiamento comunitario TecEuropa
O programa do TecEuropa consta de dúas partes. A primeira, que se está a celebrar na oficina da FGE en Bruxelas, consiste nunha semana de formación sobre a realidade político – institucional da UE, o marco financeiro orzamentario 2014-2020 e os programas de financiamento existentes, todo isto complementado con visitas ás institucións europeas. A segunda parte, en Santiago de Compostela, terá un marcado compoñente práctico e incidirá na redacción e presentación de proxectos.

Nesta edición do TecEuropa están a recibir formación 20 novos profesionais galegos do sector público e privado. Os participantes proveñen de diversas entidades públicas e privadas galegas, como a Xunta de Galicia, Deputacións, concellos ou centros de investigación. Á vista do éxito e do elevado número de solicitudes presentadas nos anos anteriores decidiuse repetir esta actividade formativa por dúas veces en 2017. Por tanto, con estas novas edicións xa serían cinco as convocatorias deste programa nos últimos tres anos, o que suporá un total de 100 profesionais formados neste eido.

Con esta formación, a FGE quere mellorar e afianzar a participación galega en proxectos europeos, para o que é esencial contar cunha rede de especialistas en asuntos comunitarios capaces de sacar o máximo proveito posible ás oportunidades de financiamento que ofrece a Unión Europea. Outro dos obxectivos do curso é que poida saír tamén unha rede de contactos entre os participantes, que nun futuro se  plasme  na realización de actuacións conxuntas das entidades a través dunha idea ou proxecto innovador.

Na presentación destas xornadas de formación, Gamallo subliñou ademais o papel que a oficina da FGE en Bruxelas xoga no debate sobre o futuro Marco Financeiro Plurianual -despois de 2020- da Unión Europea. O futuro orzamento comunitario verase afectado de una redución debida ao Brexit e terá que facer fronte a novas prioridades, como o terrorismo o a migración. Por iso, na discusión sobre o futuro orzamento que está a ter lugar nos foros europeos nos últimos meses Galicia insiste na necesidade de manter unhas políticas rexionais e de cohesión fortes.

A actual xeración de fondos europeos, que va de 2014 a 2020, contén un total de 38.000 millóns de euros en España: FEDER (19.408 millóns), FSE (8.533 millóns), FEADER (8.290 millóns), FEMP (1.161) e Garantía Xuvenil (2.360). Ademais destes fondos, a UE tamén investirá diversas cantidades que se irán definindo en función a proxectos concretos, a través de fondos centralizados, en I+D (“Horizonte 2020” con 80.000 millóns para toda a UE), en Medio ambiente (LIFE 3.456), en Infraestruturas (“Conectar Europa” con 11.900) ou as PEMEs (“COSME”: 2300 millóns).
 
A Fundación Galicia Europa
A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 300 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Os obxectivos da FGE pasan por defender os intereses de Galicia perante a UE, informar sobre a Unión Europea na nosa comunidade, formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia e promover a participación galega en proxectos europeos. 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante