Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/09/2020

A Xunta reúnese con expertos comunitarios nunha nova serie de econtros sobre a recuperación económica

5085F_1600274029_Gz_Recuperaci__n_econ_UE_Portada.png Ver máis...
  • A Fundación Galicia Europa estrea unha serie de reunións virtuais baixo o nome de “Galicia na recuperación económica europea” para abordar distintos aspectos do Plan de Recuperación para Europa

Bruxelas, 16 de setembro do 2020. Co obxectivo de coñecer de preto as políticas que se impulsan dende a Unión Europea e de dialogar cos funcionarios comunitarios sobre a execución destas en Galicia, a Fundación Galicia Europa estreou hoxe, 16 de setembro do 2020, a primeira dunha serie de reunións virtuais tituladas “Galicia na recuperación económica europea”. Deste modo, os distintos departamentos da administración autonómica poden coñecer de primeira man as estratexias europeas en curso; unhas estratexias que cobran unha maior relevancia no marco do novo Plan de Recuperación para Europa e do novo marco financeiro plurianual 21-27, ambos acordados polos xefes de Estado e de Goberno o pasado mes de xullo.  

Esta primeira reunión contou coa participación de representantes da Comisión Europea en materia de enerxía e política rexional para abordar a transición ecolóxica, á que irá destinado o 30% do orzamento da UE para o período 21 – 27. En particular, abordouse o futuro Fondo de Transición Xusta, dotado de 17.500 millóns de euros para sufragar os custos sociais e económicos da transición hacia unha economía hipocarbónica. Este novo fondo está pensado para territorios altamente dependentes de industrias que non teñen cabida no proceso de transición verde, como a produción de carbón ou as que emiten unha gran cantidade de gases contaminantes, e nos que a desaparición destas industrias implica grandes custos sociais e económicos.

A próxima das reunións virtuais programadas pola Fundación Galicia Europa terá lugar o mércores 23 de setembro e contará con representación da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria e Emprendemento (DG GROW) que exporá as principais caraterísticas da nova Estratexia Industrial para Europa.

Para máis información consulte o documento adxunto


Imaxes relacionadas


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante