Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/03/2020

Como afecta a crise do COVID 19 á FGE

4807F_1584629400_Foto_para_ilustrar_p__gina_48.jpg
Bruxelas, 19 de marzo de 2020. Ante a actual crise do COVID 19, a Fundación Galicia Europa adoptou as medidas necesarias para asegurar a seguridade e saúde dos seus equipos en Bruxelas e Santiago de Compostela. 

A FGE tivo que cancelar varias visitas institucionais a Bruxelas e un acto de presentación da estratexia galega de cambio climático e enerxía. Tamén tivo que suspender temporalmente o proceso de selección de bolseiros 2020. Así mesmo, todas as reunións nas que a FGE adoita participar para facer un seguimento das políticas europeas, como as do Comité Europeo das Rexións ou a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas, foron canceladas.

Así e todo, a FGE segue traballando no seguimento das políticas comunitarias desde unha perspectiva galega, con especial atención á resposta que está a dar a UE a esta crise, pero sen esquecer o ambicioso programa de traballo que ten a UE para este ano en relación co Pacto Verde, a Axenda Dixital ou unha nova Estratexia Industrial Europea. Os sitios web e perfís en redes sociais que xestiona a Fundación Galicia Europa seguen sendo actualizados durante este período excepcional.

Sitios web
www.fundaciongaliciaeuropa.eu

 http://brexitgalicia.eu/

http://guias.fundaciongaliciaeuropa.eu/

Redes sociais
Twitter FGE, Twitter Brexit Galicia, Facebook y Linkedin


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante