Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/12/2019

A Fundación Galicia Europa acolle na súa sede en Bruxelas unha nova reunión da Federación Europea do Camiño de Santiago

Reunión do comité técnico da Federación Europea do Camiño de Santiago na sede da FGE en Bruxelas.jpg
  • O director de Competitividade de Turismo da Xunta de Galicia, José Luis Maestro, foi o encargado de representar ao goberno galego nesta reunión do comité técnico da plataforma europea.
Bruxelas, 3 de decembro de 2019. A Fundación Galicia Europa acolleu unha nova reunión do comité técnico da Federación Europea do Camiño de Santiago, plataforma europea que promociona a ruta xacobea como un dos itinerarios culturais recoñecidos polo Consello de Europa e da cal é membro activo a Xunta de Galicia.

A reunión dividiuse en dúas sesións de traballo nas que o comité técnico da Federación abordou diversos temas relativos á actualidade da entidade: unha avaliación do Itinerario Cultural Europeo que representa o Camiño de Santiago de cara a visualizar os puntos que mellorar ou actualizar; unha reseña sobre a primeira edición do Día Europeo do Camiño de Santiago e as principais actividades desenvoltas no seu marco os días 18, 19 e 20 de outubro; unha exposición das ferramentas comunicativas que usa cada membro federado na promoción da ruta compostelana e na xestión dos seus activos (e-mail, sitio web, folletos de presentación, aplicación móvil, realidade aumentada, rutas virtuais, visitas virtuales,etc.) xunto cunha revisión da coordinación, das motivacións e dos proxectos que ten previsto iniciar nun futuro próximo a Federación Europea do Camiño de Santiago.

Por parte do Executivo galego participou na reunión o director de Competitividade de Turismo, José Luis Maestro, xunto a outros representantes da Axencia Galega de Turismo. A súa intervención centrouse en explicar os preparativos do próximo Ano Xacobeo 2021, presentar as actividades xa en marcha, discutir outros proxectos de interese de cara ao Xacobeo, ademáis de aportar a perspectiva galega na avaliación xeral sobre os 10 anos de vida da propia Federación Europea do Camiño de Santiago.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante