Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/07/2019

A Fundación Galicia Europa presenta a súa memoria de actividades do ano 2018

memoria_FGE_2018.jpg Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019. No ano 2018 a Fundación Galicia Europa cumpriu 30 anos dende a súa creación como ente do sector público galego. Co obxectivo de cumprir os compromisos de defender os interesas galegos en Bruxelas, informar sobre a UE en Galicia e promover a sensibilización sobre o proxecto europeo a Fundación organizou diferentes actividades que se reflicten na Memoria de Actividades 2018.

Especialmente relevantes foron as 17 visitas oficiais a Bruxelas de representantes políticos e técnicos da nosa comunidade á capital europea, a participación en 10 foros de debate en Bruxelas e o apoio á asistencia de representantes galegos a 23 actos do Comité Europeo das Rexións

Por outra banda publicáronse un total de 140 noticias na nosa páxina web e se creou  o Foro Galego do Brexit, para o que se desenvolveu o seu propio portal en liña. No eido da formación continuamos co noso programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, no que participaron 40 técnicos do sector público e do terceiro sector, se impartiron dous cursos no marco do proxecto LIDERA e continuouse o traballo como socios da Eurocidade Chaves-Verín 2020.

Neste ano seguimos a apoiar a participación galega en proxectos europeos, publicando 45 convocatorias de financiamento europeo, participamos en 18 procuras de socios e acollendo en Bruxelas cinco reunións de proxectos comunitarios con participación galega en materia de saúde, formación, dixitalización e eficiencia enerxética.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante