Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/07/2019

A Fundación Galicia Europa inicia o seu labor como coordinadora das oficinas de representación autonómica en Bruxelas

A directora da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, presidindo a reunión dos directores das oficinas autonómicas na capital belga.jpg
  • A directora da FGE, Ana Ramos, conduciu en representación de Galicia unha reunión do grupo de directores autonómicos presentes na rede de Colaboración entre as Oficinas Rexionais de España (CORE). 
  • A sesión serviu para abordar o cambio de dirixentes nas institucións europeas, o futuro Marco Financiero Plurianual, a nova Axenda Estratéxica 2019-2024 ademais da saída final do Reino Unido do proxecto europeo.
Bruxelas, 4 de xullo de 2019. A sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu hoxe unha reunión dos directores das oficinas das representacións autonómicas situadas na capital europea. Na sesión tamén interviron os conselleiros de asuntos autonómicos da Representación Permanente de España ante a UE (REPER, co fin de abordar e de valorar o funcionamento da participación autonómica no Consello a través da nova guía de boas prácticas, xunto ao seguimento das actividades do Comité Europeo das Rexións.

Durante o segundo semestre de 2019, corresponde a Galicia a coordinación do sistema informal de Colaboración entre as Oficinas Rexionais Españolas (CORE), existente desde o ano 2002, ano en que se asinou un acordo co obxectivo de estreitar as súas relacións, mellorar os seus sistemas de información e potenciar os seus recursos humanos. Durante estes anos, a CORE ten resultado ser unha ferramenta fundamental para afianzar a interlocución entres as comunidades autónomas coas institucións europeas, principalmente coa Comisión Europea, e coa Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER). 

Actualmente, componse do grupo de directores autonómicos que manteñen asiduamente reunións con altos cargos das institucións comunitarias e da REPER, e de 11 grupos de coordinación técnica en eidos como a agricultura, o emprego ou a I+D. Estes grupos de expertos en políticas europeas organizan reunións nun plano máis técnico para facer un seguimento e análise das políticas da UE, ademais de difundir información entre os seus membros. Neste senso, a oficina da FGE en Bruxelas coordina o grupo de Política de Cohesión dende hai algo máis dun ano.

Galicia asume así a coordinación xeral de CORE despois de Estremadura, fixándose como prioridade o seguimento da composición do novo Parlamento Europeo (a partir de xullo) e da nova Comisión Europea (a partir de novembro), da recentemente aprobada Axenda Estratéxica da Unión para 2019-2024, da negociación do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 xunto ao proceso de saída de Reino Unido da UE.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante