Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/05/2019

A Fundación Galicia Europa acolle a reunión da xunta directiva do Proxecto europeo MATES

A Fundación Galicia Europa prestou as súas instalacións en Bruxelas para a reunión da Xunta Directiva do proxecto europeo MATES.jpg Ver máis...
  • Este proxecto conta cun orzamento total cercano aos 5 millóns de euros, os cales se encadran nos fondos económicos do programa Erasmus+.
Bruxelas, 29 de maio de 2019. As instalacións da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleron hoxe a reunión da Xunta Directiva da iniciativa europea Maritime Alliance for fostering the European Blue economy through a Marine Technology Skilling Strategy, máis coñecida como Proxecto MATES. Financiado a través da línea ”Alianza polas Competencias Sectoriais” do programa educativo Erasmus+, o Proxecto MATES é un proxecto focalizado nos sectores da construción naval e as enerxías renovables mariñas. 

De feito, MATES ten como obxectivo analizar a evolución das tecnoloxías marítimas en Europa a fin de elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria a través dunha adecuación dos programas de formacións xa existentes na actualidade. Con este propósito, reune comunidades educativas e científicas coa industria, a sociedade civil e as administración públicas.

O proxecto conta cunha ampla participación galega, sendo liderado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR e participando nel a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e a empresa CT Enxeñeiros S.L. En total, esta iniciativa marítima conta cun total de 17 socios repartidos entre ocho países europeos: Irlanda, Portugal, Reino Unido, Bélxica, Países Baixos, Italia e Grecia. 

MATES dispón dun orzamento de 4,9 millóns de euros, cofinanciado ao 80% polo programa Erasmus +. Estrutúrase en 11 accións piloto co firme propósito de desenvolver unha estratexia a longo prazo e un plan de acción para adaptar a formación existente relacionada co eido marítimo ás necesidades reais do mercado laboral.

Participación galega en proxectos europeos
Unha das principais liñas de actuación da FGE é apoiar ás entidades galegas para que participen en proxectos europeos. Neste senso, a FGE pon a súa disposición as instalacións da súa oficina en Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante