Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/05/2019

A Fundación Galicia Europa celebra o Día das Letras Galegas cunha exposición sobre Antón Fraguas na súa sede en Bruxelas

Exposición nas oficinas da FGE en Bruxelas dos carteis de homenaxe á vida e obra do autor Antón Fraguas.jpg Ver máis...
  • A entidade pública súmase así aos actos de homenaxe ao mítico escritor e historiador galeguista nesta xornada de celebración da literatura e da cultura galegas.
  • Os carteis da mostra foron creados por alumnas e alumnos de Secundaria do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Bruxelas, 17 de maio de 2019. Con motivo das Letras Galegas 2019, a Fundación Galicia Europa inagurou nas súas oficinas de Bruxelas unha exposición pública con paneis informativos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano; o escritor, historiador, xeógrafo e etnógrafo Antonio Fraguas Fraguas, tamén coñecido como Antón Fraguas. 

Os 10 carteis didácticos e orixinais que integran a exposición da FGE correspóndense cunha das mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas. Concretamente, Insula, a proposta do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra). Os carteis foron difundidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co propósito de promocionar e visibilizar máis a figura e as obras do escritor de Cotobade, ao tempo que se da a coñecer, desde unha perspectiva histórica, unha época clave no proceso de normalización lingüística do galego que foi especialmente frutífera en canto a manifestacións culturais.

A exhibición caracterízase pola súa perfección técnica; conxugando modernidade e deseño nunha serie de carteis que mostran a traxectoria e o legado intelectual de Antonio Fraguas: unha obra dignificadora da cultura popular e das tradicións galegas a través de disciplinas tan diversas como a etnografia, a xeografía ou a historia. A mostra tamén ensina, de maneira paralela, os acontecementos que marcaron o devir histórico da Galicia do século XX. 

Un intelectual completo e polifacético
Antonio Fraguas (Cotobade,1905 - Santiago de Compostela,1999) é o autor homenaxeado este 17 de maio na conmemoración anual do Día das Letras e da Cultura Galegas. Foi un intelectual adiantado ao seu tempo e moi polifacético ao desempeñarse como escritor, profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador e como político galeguista. Fraguas é un personaxe tremendamente vinculado á historia e á cultura da nosa comunidade autónoma; xa que foi un membro activo do Seminario de Estudos Galegos, de As Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. De feito, a súa biografía é unha mostra continua do seu compromiso con Galicia, do seu ideario político e dos seus fitos vitais e artísticos.

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante