Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/02/2019

A Xunta impulsa a sexta xornada do Foro Galego do Brexit coa visita do director de comercio exterior do goberno galés

Jesús Gamallo, co director de Comercio Exterior de Gales.jpg
  • Esta tarde mantivo unha xuntanza con deputados dos distintos grupos parlamentarios e co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo
  • Tamén se reuniu con outros representantes do Goberno galego e mañá visitará o polo aeroespacial de Rozas en Lugo
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019. A Xunta de Galicia organizou hoxe a sexta xornada do Foro Galego do Brexit, na que participou o director de Comercio Exterior e Inversión Estranxeira do Goberno de Gales, Andrew Gwatkin. Durante esta tarde, reuniuse con deputados de todos os grupos parlamentarios galegos, aos que explicou a postura galesa no proceso negociador da saída do Reino Unido da Unión Europea.

No encontro tamén participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo. Ademais, o representante galés mantivo reunións con representantes do IGAPE, o Clúster de Agroalimentación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o AGADIC. Mañá desprazarase para coñecer o polo aeroespacial de Rozas en Lugo.

A participación do director galés nesta xornada inscríbese nun contexto máis amplo de relacións bilaterais entre a comunidade autónoma e o goberno do seu país, enmarcada por un Memorando de entendemento asinado polo Presidente da Xunta e o Ministro Principal de Gales en xullo do ano pasado.

O Memorando sela a vontade de colaboración das dúas comunidades en materia económica, educativa, cultural, sociosantiaria e pesqueira ante as incertezas que presenta o proceso de separación do Reino Unido da Unión Europea.

Este memorando e a visita de hoxe son, ademais, herdeiros do encontro que se mantivo en Gales en novembro de 2017 das rexións periféricas e marítimas de Europa, na que se asinou a Declaración de Cardiff, que marca a posición destes territorios ante as negociacións do Brexit.

Foro Galego do Brexit
A Xunta lanzou en 2018 o Foro Galego do Brexit co obxectivo de fomentar o debate e o intercambio de información entre os principais actores económicos e sociais de Galicia ante a saída do Reino Unido da Unión Europea. Constituíuse como unha sorte de observatorio do seu posible impacto na comunidade autónoma, baseado na organización, cun formato flexible, de reunións e debates informativos ao redor do Brexit.

Ao abeiro deste Foro, organizáronse actividades como un debate co embaixador representante permanente de España ante a UE, Pablo García Berdoy, no que se deu conta do estado das negociacións e do posible impacto do Brexit en sectores como o textil, a conserva, a automoción e a pesca; unha xornada sobre como facer negocios no Reino Unido e as consecuencias deste proceso; ou a presentación dun informe elaborado polo Consello Económico e Social (CES) sobre os posibles escenarios que se poden presentar.

Ademais, tamén se mantivo un debate cos participantes do programa de formación en financiamento comunitario TecEuropa, que contou coa presenza do conselleiro encargado do Brexit na Representación Permanente de España ante a UE, Ricardo Díez-Hochleitner; e onte mesmo o IGAPE e o ICEX reuniron a máis dun cento de persoas na Cidade da Cultura para abordar as perspectivas e retos do Brexit.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante