Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/02/2019

A FGE recibe a visita do IES Valle-Inclán, escola embaixadora do Parlamento Europeo

A FGE recibe a visita do IES Valle-Inclán, escola embaixadora do Parlamento Europeo.jpg
Bruxelas, 7 de febreiro de 2019. O equipo da Fundación Galicia Europa recibiu hoxe a visita de alumnos e docentes do IES Valle Inclán de Pontevedra, como parte da súa viaxe a Bruxelas para o descubrimento e aprendizaxe da Unión Europea en tanto que Escola Embaixadora Júnior do Parlamento Europeo (EEPE). 

A asesora técnica de asuntos europeos da ofícina de Bruxelas foi a encargada de recibirlos e explicarlles as catro áreas de actuación da Fundación Galicia Europa: defensa dos intereses galegos ante as institucións europeas, informar sobre a Unión Europea en Galicia, formar e sensibilizar en asuntos europeos e proporcionar asesoramento sobre financiamento comunitario. 

Os alumnos tamén pudieron coñecer como está presente Galicia nos asuntos comunitarios. Por unha parte, mediante a participación institucional: Comité das Rexións, Consello e Comisión europeos. E, por outra parte, grazas ao traballo en rede, sendo Galicia membro de redes europeas como a Rede de Rexións Europeas por un Turismo Sustentable e Competitivo (NECSTouR) ou a a Rede de Rexións Europeas para a Investigación e Innovación (ERRIN). 

IES Valle Inclán 

O IES Valle Inclán obtivo no curso 2017-2018 a distinción de Escola Embaixadora Júnior do Parlamento Europeo por designación directa, como recoñecemento a toda a labor educativa sobre Europa realizada durante o curso anterior. En concreto, o Parlamento Europeo destacou o alto grado de implicación do alumnado e a efectividade na comunicación externa dos traballos realizados.

O grupo de alumnos que forma parte do EEPE está integrado por 120 alumnos de 4º da ESO, 25 de 1º de Bachalerato e 15 de 2º de Bacharelato. 

Programa Escola Embaixadora do Parlamento Europeo 

Este programa pretende achegar ao alumnado e ao profesorado ao Parlamento Europeo, converténdoos en embaixadores da sede da democracia europea.

No curso escolar 2017-18, no que participan máis de 100 centros educativos de toda España, son escolas embaixadoras os seguintes centros galegos:
  • IES de Poio, de Pontevedra
  • IES Plurilingüe  Pedra dá  Aguia, de Camariñas - A Coruña
  • IES Vale Inclán, de Pontevedra
  • CPR Pai Feijóo  Zorelle, de Ourense


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante