Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/01/2019

GAIN presenta en Bruxelas o modelo de avaliación da súa Estratexia de Investigación e Innovación

4488F_1548756691_raquel.jpg
Bruxelas, 25 de xaneiro de 2019. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) foi convidada polo Centro Común de Investigación (CCI) da Comisión Europea para expoñer nun seminario celebrado en Bruxelas o modelo se seguimento e avaliación da súa Estratexia de Investigación e Innovación (RIS3), como exemplo de boas prácticas a nivel comunitario.

O seminario perseguía o obxectivo de compartir coñecemento e poñer en común as dificultades ás que as rexións fan fronte á hora de avaliar a evolución das súas Estratexias de Especialización Intelixentes (S3), cando se cumpren máis de catro anos dende que a Comisión as introducise na política europea e cando se achega o fin do actual período de programación. 

Por primeira vez, as autoridades nacionais e rexionais están elaborando ou implementando  a súa política de innovación aplicando un conxunto común de principios e metodoloxías.
 
Para complementar o debate xerado durante a xornada e a capacitación das cidades e rexións o CCI ten en marcha un curso en liña gratuíto sobre monitoreo das S3 dispoñible na plataforma Iversity. 

Centro Común de Investigación

O Centro Común de Investigación é o servizo científico interno da Comisión. Coas súas actividades contribúe á elaboración das políticas da UE, achegando un asesoramento científico independente e baseado en datos contrastados.

RIS3

A RIS3 de Galicia é a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, que establece as prioridades de investimento en I+D+i da Xunta para o periodo 2014-2020. Esta folla de ruta das políticas de innovación da nosa comunidade é froito da esixencia da Comisión Europea a todas as rexións europeas de definir as súas prioridades de gasto en I+D+i para este periodo e dun proceso participativo no que interviron os principais axentes do Sistema Galego de Innovación coordinados pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).

A RIS3 establece tres retos que marcarán a especialización intelixente en Galicia no periodo 2014-2020:
  • Novo modelo de xestión dos recursos naturais e culturais baseado na innovación.
  • Novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento.
  • Novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante