Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/11/2018

A Xunta defende no Comité Europeo das Rexións a posición de Galicia ante a Política Agraria Común a partir de 2020

A configuración da Política Agraria Común a partir do 2020 foi o principal tema de debate dos líderes locais e rexionais que piden manter esta política cun orzamento forte.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión da Comisión de Asuntos Naturais do Comité Europeo das Rexións
  • A configuración da Política Agraria Común a partir do 2020 foi o principal tema de debate dos líderes locais e rexionais que piden manter esta política cun orzamento forte
Bruxelas, 28 de novembro de 2018. A comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións reuniuse hoxe en Bruxelas para debater, principalmente, a proposta lexislativa da Comisión Europea sobre a Política Agraria Común (PAC) a partir do 2020. Neste contexto, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu os intereses de Galicia entre os que destaca a petición de que esta política favoreza a incorporación dos mozos á actividade agraria para potenciar e revitalizar as zonas rurais.

De cara a apoiar as pequenas e medianas explotacións, Gamallo solicitou que se aumente o tope máximo da axuda por explotación; establecendo un límite de 60.000 euros e non de 100.000 como propón inicialmente a Comisión Europea. A Xunta de Galicia reclama igualmente o aumento dun 15% do número de axudas asociadas; de maneira que supoñan unha parte importante das axudas directas, de cara a evitar que se poidan cobrar fondos sen producir.

Outra das demandas expostas por Galicia ten que ver co establecemento de medidas que permitan responder de forma rápida ás oscilacións dos prezos dos produtos agrarios e dos factores produtivos como os pensos e a enerxía, de forma que os agricultores poidan manter as súas rendas ante estas continxencias.

Todos as peticións formuladas hoxe están recollidas no decálogo de medidas consensuado entre a Xunta de Galicia e as partes interesadas en agricultura e gandería da nosa comunidade. Ademais, a intervención de hoxe reforza o labor realizado no Consello de ministros da Unión Europea, onde, este semestre, Galicia asume a representación das comunidades autónomas españolas. Neste período e ata a data, o titular galego de Medio Rural participou en tres reunións.

O ditame sobre a reforma da PAC está a ser elaborado por o socialista francés Guillaume Cros e, tras o debate exploratorio celebrado hoxe, será presentado na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións que se celebra a próxima semana. Trátase dun documento que se tramitou polo procedemento de urxencia e, por tanto, as emendas, máis de 300, preséntanse directamente na sesión plenaria de decembro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante