Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/11/2018

A Fundación FREMSS reclama dende a FGE unha maior flexibilización da política de descartes

FREMSS na FGE.jpg Ver máis...
Bruxelas, 21 de novembro de 2018. A Fundación Galicia Europa (FGE) acolleu hoxe aos representantes da Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) que acudiron a Bruxelas para presentar o “Manifesto para a flexibilización da obrigación de desembarque das capturas realizadas pola flota da UE”; documento co que pretenden chamar a atención da Comisión Europea sobre a necesidade da flexibilización da política de descartes cero, que entrará en  vigor en 2019.

Tras unha introdución realizada pola directora da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, o presidente da Fundación FREMSS, Juan Corras, e o seu secretario, Tocuato Teixeira, foron os encargados de expoñer o contido do manifesto. Entre a audiencia atopábanse Elisa Roller,  xefa de unidade da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea, os eurodiputados galegos Francisco Millán Mon e Ana Miranda; así coma  representantes doutras rexións con competencias en pesca como son Valencia e Almería. 

O manifesto presentado hoxe, elaborado co apoio de diferentes actores da sociedade galega, foi introducido tamén ao director xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisón Europea, Joao Aguiar, quen tamén recibiu onte á delegación de FREMSS. 

Entre os diferentes aspectos que recolle o manifesto destaca a dificultade de asumir os métodos propostos de redución e eliminación das capturas non desexadas por parte dos pescadores. 

Contexto

Tras un periodo de transición iniciado en 2015, en xaneiro de 2019 entrará en vigor a política de descartes cero, que implica que as frotas da Unión Europea deberán desembarcar todas as súas capturas, pasando os anteriores descartes a ser contabilizados dentro das súas cotas de pesca. 

FREMSS 

A Fundación FREMSS é unha organización sen ánimo de lucro creada en A Coruña fai cinco anos para defender os valores e a viabilidade do sector pesqueiro galego, e polo tanto, nacional. Cada ano organiza un congreso sobre a sustentabilidade social e económica do sector pesqueiro. 


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante