Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2018

A FGE publica a relación de persoas que pasan á fase de entrevista dentro do proceso de selección dun asesor técnico para a oficina de Bruxelas

Proceso de selección asesor técnico FGE.png
  • As entrevistas terán lugar os días 15 e 16 de novembro en horario de mañá
  • Para a realización da entrevista os candidatos poden elixir entre a sede da Fundación Galicia Europa de Bruxelas e Santiago de Compostela 
Bruxelas, 26 de outubro de 2018. A Fundación Galicia Europa (FGE) fixo pública hoxe a puntuación definitiva do proceso de selección para a cobertura dunha praza de asesor técnico, con carácter interino, para a súa oficina de Bruxelas, así coma a relación de candidatos que pasan á fase da entrevista. As entrevistas celebraranse os días 15 e 16 de novembro.

Os candidatos poden elixir a sede da Fundación Galicia Europa, Bruxelas ou Santiago de Compostela, que lles resulte máis convinte para a realización da entrevista.

O proceso, que arrancou o pasado 18 de abril, contou con 27 solicitudes. A esta fase, final do proceso, chegan os seis candidatos que obtiveron a puntuación máis alta na fase de valoración de méritos. 

Contexto
O posto ten como función principal asistir á directora da FGE en Bruxelas na proposta, programación, e execución das actividades da Fundación cada nos seguintes ámbitos de actuación: 

- Defensa dos intereses galegos perante a UE 
- Información sobre a Unión Europea en Galicia 
- Formación e sensibilización sobre a Europa en Galicia 
- Promoción da participación galega en proxectos europeos

Toda a información sobre o proceso de selección pódese consultar no seguinte enlace


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante