Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/10/2018

O proxecto PrimeFish presenta a autoridades europeas as súas contribucións á estratexia de Crecemento Azul

A Fundación Galicia Europa acolleu o seminario do proxeto PrimeFish.jpg
  • A Fundación Galicia Europa acolleu o seminario na súa sede como parte da súa labor de apoio e promoción da participación galega en proxectos europeos
  • O Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación Cetmar coordina o proxecto no que participan entidades de 9 países de dentro e fóra da UE
Bruxelas, 25 de outubro de 2018. A sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu hoxe un seminario, organizado no marco do proxecto europeo  PrimeFish, do que o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar é socio.

Tratouse dun encontro centrado na estratexia de Crecemento Azul (Blue  Growth) e dirixido aos xestores públicos europeos, contando a reunión coa presenza e participación de representantes das direccións xerais de Investigación e Mar da Comisión Europea (DG  Research e  DG  Mare). 

A sesión de traballo, de formato interactivo, permitiu aos participantes discutir sobre os resultados do proxecto  PrimeFish e explorar a posibilidade de incorporalos a diferentes iniciativas  europeas.

Así, durante o seminario, que se estendeu de 9.00 a 14.00 horas, abordáronse diferentes cuestións como o posicionamento da industria ante a etiquetaxe e as certificacións; o impacto do consumo de peixe na saúde dos consumidores ou a explotación por parte da industria das ferramentas de análises de mercado desenvoltas por  PrimeFish.

Proxecto  PrimeFish

Financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, PrimeFish reúne a expertos de 16 centros de investigación, empresas e universidades de Europa, Canadá e Vietnam que desde 2015 están a traballar para fortalecer a competitividade dos sectores europeos da pesca e da acuicultura.

Precisamente nestes días está a celebrarse un programa de cursos  on- line para presentar ao público os resultados e ferramentas desenvoltos polo proxecto, que finalizará en 2019 coa celebración dunha conferencia internacional en Vigo.

Participación galega en proxectos europeos

Unha das principais liñas de actuación da FGE é apoiar a entidades galegas para que participen en proxectos europeos. Neste senso, a FGE pon a súa disposición as instalacións da súa oficina en Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos. Esta mesma semana a FGE acolleu o evento final do proxecto Enerwater coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. 


 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante