Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/10/2018

A Fundación Galicia Europa acolle a conferencia final do proxecto Enerwater

Conferencia final do proxecto Enerwater. jpg Ver máis...
  • Enerwater é o primeiro proxecto que a  USC coordina no marco do programa Horizonte 2020
Bruxelas, 23 de outubro de 2018. A Fundación Galicia Europa (FGE) acolleu a conferencia final do proxecto Enerwater, financiado polo programa de Investigación e Innovación da Comisión Europea Horizonte 2020, e coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto, que vén de concluír, centrouse no desenvolvemento integral dunha metodoloxía para avaliar e etiquetar a eficiencia enerxética das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).  

Nove socios europeos colaboraron, dende marzo de 2015, para avaliar e reducir o consumo enerxético das estacións de tratamento de augas residuais, coa finalidade de alcanzar reducións de ata o 11% da enerxía consumida na operación destas instalacións. Así o proxecto proporciona unha ferramenta para clasificar as EDAR  en varias categorías segundo o seu rendemento enerxético, co obxectivo de servir de guía de avaliación para auditores e expertos co propósito final de promover os obxectivos de aforro enerxético da UE para 2020. 

Na conferencia final, celebrada na sede da FGE en Bruxelas, ademáis de presentar os principais do proxecto Enerwater, celebrouse unha mesa redonda con representantes destacados dos sectores da auga e a enerxía, como Andrea Rubini (Director de Operacións da Plataforma Europea de Tecnoloxía da auga (WssTP) e Bertrand Vallet (Responsable de Políticas na Federación Europea de Asociacións Nacionais de Servizos de Auga (EurEau). 

Participación galega en proxectos europeos

Unha das principais liñas de actuación da FGE é apoiar a entidades galegas para que participen en proxectos europeos. Neste senso, a FGE pon a súa disposición as instalacións da súa oficina en Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos. 

Pódese atopar máis información sobre o labor da FGE neste eido no apartado específico da nosa web. 


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante