Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/10/2018

Publicada a puntuación provisional da primeira fase do proceso de selección dun asesor técnico na Fundación Galicia Europa

proceso de selección dun asesor técnico na Fundación Galicia Europa.png
Bruxelas, 1 de outubro de 2018. A comisión de selección para a cobertura dunha praza na Fundación Galicia Europa publica hoxe a puntuación provisional dos méritos acreditados polos candidatos, quen dispoñen de tres días para presentar reclamacións en caso de discrepancias, ata o xoves, 4 de outubro.

Así mesmo, a comisión publica a cualificación da proba de galego daqueles candidatos que non acreditaron o nivel de coñecemento esixido na convocatoria para poder participar neste proceso de selección. 

Contratación dun asesor técnico na oficina de Bruxelas
A Fundación Galicia Europa convocou o pasado mes de abril un proceso selectivo para a contratación, con carácter interino, dun asesor técnico na súa oficina de Bruxelas.  Unha trintena de candidatos presentáronse a este proceso consistente nunha valoración de méritos, que representa o 90% da puntuación total, e unha entrevista persoal, que se desenvolverá ao longo deste mes de outubro. 

Toda a información sobre esta convocatoria pode consultarse aquí 




© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante