Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/09/2018

A FGE colabora cun programa de formación especializado en promoción turística a nivel europeo

Bolsa de turismo na sede da FGE.jpg
  • A iniciativa é froito da colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e Turismo de Galicia.
  • A Fundación Galicia Europa será a sede que acolla ao titulado cuxo destino de prácticas sexa Bruxelas. 
Bruxelas, 7 de setembro de 2018. Ata o próximo 10 de setembro está aberto o prazo para participar na convocatoria das bolsas de prácticas nas oficinas de turismo de Galicia de Europa, América e China. A convocatoria, para titulados no últimos catro anos, desenvolveranse durante dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia en Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Los Ángeles) e China (Cantón). A Fundación Galicia Europa será a sede na que o beneficiario destinado a Bruxelas realice as súas prácticas grazas ao acordo de colaboración firmado con Vicepresidencia e Turismo de Galicia. 

A iniciativa consiste nunha bolsa dirixida a titulados superiores universitarios, que poderán especializarse en promoción turística; apoio á comercialización; participación en redes europeas e seguimento de políticas comunitarias; así como en oportunidades de financiamento con fondos europeos en materia de turismo.

As prácticas desenvolveranse de forma íntegra na oficina da Fundación Galicia Europea en Bruxelas durante 10 meses. Entre as funcións a desenvolver neste tempo, inclúense actividades como a asistencia a feiras de turismo, colaboración cos intermediarios turísticos, participación nos traballos da rede Necstour da que forma parte Galicia, elaboración de estudos e informes sobre distintos mercados, e realización de accións de marketing.

O beneficiario disporá dun titor asignado por Turismo de Galicia para orientar e supervisar a súa formación, ademais do apoio do persoal da FGE para o seguimento de políticas comunitarias e outras oportunidades de financiamento.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante