Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/08/2018

Estado do proceso de selección dun asesor técnico na oficina de Bruxelas

Proceso selección asesor técnico interino Bruxelas.png
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018. Tras a convocatoria publicada no mes de abril  para cubrir, con carácter interino, unha praza de asesor técnico na oficina da FGE en Bruxelas, a semana próxima publicarase a relación definitiva de admitidos e excluidos a este proceso de selección ao que se presentaron preto de 40 candidatos. 

Para aqueles candidatos que non acreditaron coñecemento de galego, convocarase unha proba o 13 de setembro en calquera das dúas oficinas de Fundación Galicia Europa, en Bruxelas ou Santiago de Compostela. 

A primeira fase do proceso de selección, consistente nunha valoración de méritos conforme ao artigo 8 da convocatoria, desenvolverase durante o mes de setembro. Os seis primeiros clasificados serán convocados á unha entrevista persoal que terá lugar, previsiblemente, na segunda quincena de outubro. 

Toda a información sobre este proceso selectivo pode consultarse aquí.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante