Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/07/2018

A Alianza Europea da Pesca reúnese na oficina da Fundación Galicia Europa

Membros de EUFA na sede da Fundación Galicia Europa.jpg
Bruxelas, 25 de xullo de 2018.  A oficina da Fundación Galicia Europa de Bruxelas acolleu onte a reunión da Alianza Europea da Pesca (EUFA, polas súas siglas en inglés) para analizar os últimos avances nas negociacións do  Brexit e o seu impacto nas industrias do sector pesqueiro. 

A Alianza Europea de Pesca é unha coalición de frotas pesqueiras europeas que representan os intereses das frotas dos Estados membros da Unión Europea que tradicionalmente tamén pescan nas que se converterán en ”augas do Reino Unido”. Os membros fundadores, entre os que se atopa a Confederación Española de Pesca, representan a máis de 18.000 pescadores e 3.500 embarcacións, todas impactadas directamente polo  Brexit. 

As súas reunións teñen por obxectivo unir esforzos para garantir que o acordo do Brexit teña en conta as realidades económicas e sociais das comunidades pesqueiras e costeiras en toda Europa.  

EUFA está formada por nove  organizacións de Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña, Irlanda, Holanda, Polonia, España e Suecia. 

Galicia comprometida con  EUFA
O goberno galego defende a necesidade de acceso ás augas británicas como parte integral do acordo de saída do Reino Unido, vinculándoo ao acceso dos produtos británicos ao mercado europeo. Neste traballo uniuse á Alianza Europea de Pesca (EUFA).

O seu principal documento de posición é a Declaración de Santiago, asinada na capital galega o pasado outono. En febreiro, outra gran conferencia baixo o título ”A pesca como prioridade da Unión Europea nas negociacións  Brexit” reuniu a representantes da  EUFA e as autoridades galegas e españolas na capital galega para defender un acordo de saída no Reino Unido que permita, ademais, preservar e mellorar a distribución actual dos totais de captura permitidos e as cotas de pesca.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante