Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/06/2018

A Fundación Galicia Europa participa nun foro sobre os fondos estruturais 2021-2017

Foro Fondos estruturais .jpg
  • Representantes das Comunidades Autónomas de España participaron hoxe nun foro de debate sobre o futuro do marco financeiro plurianual
Bruxelas, 7 de xuño de 2018. A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, foi a encargada de explicar, nun foro no que tamén participaban representantes das demais Comunidades Autónomas españolas, as impresións iniciais de Galicia ante a proposta da Comisión Europea para próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP), presentada pola Comisión Europea o pasado mes de maio.  

Neste debate, promovido polo xornal Aquí Europa, no que tamén participaron Pablo García  Berdoy, embaixador representante permanente ante a UE, Daniel Calleja, Director Xeral de Medio Ambiente, ou  Silvano Presa, o novo Director Xeral de Orzamento, Ramos destacou a “notable” influencia dos fondos estruturais para Galicia. 

Na súa análise da proposta a directora da  FGE en Bruxelas aplaudiu que a Política de Cohesión siga dirixíndose a todas as rexións e que se mantiveron as tres categorías de rexións, incluída a de transición, así coma o feito de que se simplifiquen os procedementos de auditoría e control.

Por outra banda, destacou a preocupación de Galicia polo cambio demográfico e á necesidade de que a política rexional axude a facerlle fronte. “Gustaríanos que as rexións con problemas demográficos (envellecemento, baixas taxas de natalidade, etc.) tivesen un tratamento diferenciado”, manifestou. 

Conclusións comúns

Todas as comunidades coincidiron en sinalar a importancia do cumprimento do calendario proposto pola Comisión Europea para que antes das eleccións europeas poida haber un acordo sobre o orzamento no Consello. 

Así mesmo, tamén coincidiron en sinalar a necesidade de negociar recortes menores na Política Agraria Común (PAC). 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante