Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/05/2018

Segunda xornada do Foro Galego do Brexit: Como facer negocios no Reino Unido e consecuencias do Brexit

4278F_1526385509_cabecera_gal-1__002_.jpg
  • O evento, de dúas horas de duración e entrada gratuíta previa inscrición, está organizado pola Cámara de Comercio de Santiago e celebrarase na súa sede.
Bruxelas, 15 de maio de 2018. No marco do Foro Galego do Brexit, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza na súa sede, o vindeiro 22 de maio de 17.00 a 19.00 horas, unha xornada informativa sobre as novas oportunidades e formas de negocio e inversión entre España e Reino Unido ante o escenario que representa o Brexit.  

A xornada tamén servirá para analizar a importancia do fluxo comercial entre ambos puntos do corredor ao Reino Unido, cuarto destino das exportacións españolas e sexto en orixe das importacións. Na actualidade hai máis de 17 mil empresas británicas traballando en España, polo que a importancia dous dous mercados como socios seguirá sendo forte tras as negociacións. 

A inscrición debe realizarse no seguinte enlace e aquí pódese consultar o programa. 

Foro Galego do Brexit 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García Berdoy, inauguraron, o pasado 30 de abril en Santiago de Compostela, o Foro Galego do Brexit, cun debate que se centrou no sector pesqueiro, pero no que tamén se falou do posible impacto da saída de Reino Unido noutros sectores coma o téxtil, o conserveiro ou o da automoción; todos eles de extrema importancia para Galicia.

Aproveitando a apertura do Foro Galego do Brexit, a Fundación Galicia Europa lanzou unha web específica sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea, que complementará, mediante a actualización continua de noticias e documentos de interese, o ciclo de debates, seminarios e conferencias. 

O propósito do Foro Galego do Brexit é o de recopilar o avance das negociacións e fomentar o debate e intercambio de información e opinións entre os principais actores económicos e sociais de Galicia a través de eventos como o organizado hoxe en Santiago de Compostela.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante