Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/04/2018

A Fundación Galicia Europa pon en marcha o Foro Galego do Brexit e a súa páxina web especializada

Foro Galego do Brexit.png Ver máis...
  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar o debate e manter informadas ás partes interesadas sobre as negociacións e avances no proceso do Brexit e as súas consecuencias para Galicia e os galegos. 
  • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García-Berdoy y Cerezo, foron os encargados de presentar as primeiras reflexións sobre o futuro da Unión Europea sen o Reino Unido. 
  • A páxina web específica que a Fundación Galicia Europa lanza hoxe recolle todas as noticias e os documentos e estudos de interese sobre o Brexit. 

Bruxelas, 30 de abril de 2018.  O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García Berdoy, inauguraron hoxe en Santiago de Compostela o Foro Galego do Brexit, cun debate que se centrou no sector pesqueiro, pero no que tamén se falou do posible impacto da saída de Reino Unido noutros sectores coma o téxtil, o conserveiro ou o da automoción; todos eles de extrema importancia para Galicia.

Tanto Feijóo coma García Berdoy coincidiron en resaltar o sector da pesca coma un dos prioritarios no marco das negociacións entre a Unión Europea e os británicos. Neste sentido, o presidente da Xunta resaltou que as negociacións marcarán o futuro de máis dun centenar de buques, 66 deles galegos, e un volume de primeira venta que ascende a 500 millóns; polo que Galicia continuará seguindo moi de preto todo o proceso. 

Os cambios que poidan producirse en educación tras a saída do Reino Unido tamén foron comentados no evento debido ao interese do público. Neste ámbito e nun corto prazo, García-Berdoy, asegurou que non se esperan grandes cambios. 

Lanzamento da páxina web 
Aproveitando a apertura do Foro Galego do Brexit, a Fundación Galicia Europa lanza unha web específica sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea, que complementará, mediante a actualización continua de noticias e documentos de interese, o ciclo de debates, seminarios e conferencias. 

O propósito do Foro Galego do Brexit é o de recopilar o avance das negociacións e fomentar o debate e intercambio de información e opinións entre os principais actores económicos e sociais de Galicia a través de eventos como o organizado hoxe en Santiago de Compostela. 

Con esta finalidade, o Foro Gallego del Brexit dispón da súa propia páxina web, de acceso público, destinada a recopilar e difundir toda a información relevante para institucións, sectores empresariais e cidadáns galegos que poidan verse afectados polas repercusións do Brexit nas súas actividades laborais ou persoais.

Visita a web para non perder detalle sobre o Brexit! 



Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante