Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/02/2018

A FGE acolle unha reunión do proxecto europeo Empattics no que participa a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

4216F_1519988752_logoEMP.png
Bruxelas, 27 de febrero de 2018. A oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu hoxe unha nova reunión dos socios do proxecto Empattics financiado polo programa europeo de I+D+i Horizonte 2020. 

EMPATTICS (EMpowering PAtients for a beTTer Information and improvement of the Communication Systems) ten como obxectivo incrementar a concienciación e o coñecemento sobre a adherencia terapéutica, así como mellorar a información para o autocoidado dos pacientes. A través de compra pública precomercial, o proxecto pretende desenvolver tecnoloxías para incrementar a adherencia aos tratamentos e facilitar a xestión e o autocoidado dos pacientes, potenciando as ferramentas que axuden aos enfermos para desenvolver actitudes máis saudables e, ademais, mellorando a comunicación entre os pacientes e os profesionais da saúde.

EMPATTICS conta cun orzamento total de 5 millóns de euros e nel participan como administracións licitadoras a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS),  a rexión de Midtjylland en Dinamarca, o Servicio Aragonés de Salud e o Service Numérique de Santé (SESAN) de Francia.  

Participación galega en proxectos europeos
Unha das principais liñas de actuación da FGE é apoiar a entidades galegas para que participen en proxectos europeos. Neste senso, a FGE pon a súa disposición as instalacións da súa oficina en Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos. 

Pódese atopar máis información sobre o labor da FGE neste eido no apartado específico da nosa web. 

Máis información 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante