Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/02/2018

A FGE acolle a reunión de lanzamento do proxecto Erasmus + MATES

4215F_1519986480_presentacion_mates_project_portal_1_0.jpg Ver máis...

Bruxelas, 8 de febreiro de 208. A oficina da FGE en Bruxelas acolle entre hoxe e mañá a reunión de lanzamento do proxecto Maritime Alliance for fostering the European Blue economy through a Marine Technology Skilling Strategy (MATES). Financiado a cargo da línea "Alianza polas Competencias Sectoriais" dentro do programa Erasmus +, este proxecto, ten por obxectivo analizar a evolución das tecnoloxías marítimas en Europa para elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria a través dunha adecuación dos programas de formacións actualmente existentes. Con este fin, reunirá comunidades educativas e científicas coa industria, a sociedade e a administración.

O proxecto conta cunha ampla participación galega. Está liderado polo Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR e tamén participan a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de A Coruña, a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e a empresa CT Ingenieros A.A.I., S.L. O consorcio conta cun total de  17 socios de 8 países europeos.: Irlanda, Portugal, Reino Unido, Bélxica, Países Baixos, Italia e Grecia.

MATES conta cun orzamento de 4,9 millóns de euros, cofinanciado ao 80% polo programa Erasmus +. Vai estruturarse en 11 accións piloto co obxectivo de desenvolver unha estratexia a longo prazo e un plan de acción para adaptar a formación existente relacionada co eido marítimo ás necesidades do mercado laboral. 

Participación galega en proxectos europeos
Unha das principais liñas de actuación da FGE é apoiar a entidades galegas para que participen en proxectos europeos. Neste senso, a FGE pon a súa disposición as instalacións da súa oficina en Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos. 

Pódese atopar máis información sobre o labor da FGE neste eido no  apartado específico da nosa web. 

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante