Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/11/2017

Xóvenes empresarios de Ourense coñecen as institucións comunitarias da man da FGE

Foto de familia da visita de AJE á Comisión Europea. © Fundación Galicia Europa
  • A Fundación Galicia Europa (FGE) organizou os pasados días 6 e 7 de novembro a visita dunha decena de empresarios galegos a Bruxelas, onde puideron coñecer o funcionamento das institucións europeas
  • Os participantes foron recibidos no Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Comité das Rexións
  • Os visitantes pertencen á Asociación de Novos Empresarios (AJE) da provincia de Ourense

Bruxelas, 8 de novembro de 2017. A Fundación Galicia Europa (FGE) organizou os pasados días 6 e 7 de novembro a visita dunha decena de empresarios galegos a Bruxelas, onde puideron coñecer o funcionamento das institucións europeas. Os visitantes pertencen á Asociación de Novos Empresarios (AJE) da provincia de Ourense.

O programa da visita de AJE constou de dous días. O primeiro deles consistiu nunha xornada para explicar o labor da oficina da FGE en Bruxelas, así como unha introdución sobre o financiamento comunitario. Ademais, na sesión de tarde os participantes foron recibidos no Parlamento Europeo polo eurodeputado Francisco Millán Mon, que lles detallou o seu traballo na capital comunitaria

Na segunda xornada, os membros de AJE asistiron a presentacións sobre a Unión Europea e as políticas comunitarias para emprendedores, como o Programa COSME e o HORIZONTE 2020. Tamén tiveron a posibilidade de coñecer o funcionamento do Comité Europeo das Rexións a través de Jesús Marcial Méndez Magan, funcionario galego neste organismo.

AJE Ourense veu acompañada do delegado da Consellería de Economía en Ourense, Santiago Álvarez. Os novos empresarios mostráronse moi receptivos sobre o que a UE podes ofrecerlles en termos de financiamento.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante