Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/09/2018

Complétase a recuperación da Vía Tenera, unha das principais rutas de peregrinación dende Bélxica a Santiago de Compostela

Via Tenera.jpg
  • O pasado domingo 15 de setembro a Asociación Belga Amigos do Camiño de Santiago inaugurou, trala súa posta en valor, o último tramo da Vía Tenera que conecta Bélxica con Francia.
  • A Fundación Galicia Europa, presente na inauguración das dúas etapas anteriores, agradece o enorme valor do traballo de recuperación posto en marcha pola Asociación.
Bruxelas, 17 de setembro de 2018. En 2016 a Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela comezou os traballos de restauración de Vía Tenera, conectando Holanda con Valenciennes en Francia, vía Anveres, Dendermonde, Lessines, Ath e Rombies-Marchipont. O pasado domingo inaugurouse o último tramo deste percorrido, de 18 kilómetros, coa colocación de conchas no concello de Saint-Aybert, na abadía de Crespin e na igrexa de Martin de Quiévrechain.

Deste xeito, tras os tramos inaugurados en setembro de 2017, conectando as localidades valonas de Deux-Acren e Ath, e marzo de 2018, de Ath a Beloeil, completase a recuperación da que fora unha das vías de peregrinación europeas máis populares na Idade Media.

A Fundación Galicia Europa foi partícipe da inauguración das dúas primeiras etapas, que contaron coa presencia da directora da oficina en Bruxelas, Ana Ramos quen sempre destacou a labor continuada que realiza a Asociación Belga de Amigos do Camiño promovendo a ruta de peregrinación a Santiago de Compostela. 

O camiño e a construción europea

A ruta a Santiago de Compostela desempeñou e segue desempeñando un papel fundamental na promoción dos intercambios culturais entre Galicia, a Península Ibérica e o resto de Europa. Durante os seus once séculos de historia, o Camiño, un cruzamento de culturas, promoveu un diálogo permanente entre os viaxeiros e peregrinos, converténdose nunha ruta de difusión do coñecemento.

A singularidade do Camiño en comparación con outras peregrinacións reside na súa dobre dimensión: é, en paralelo, unha ruta de peregrinación e unha forma de civilización. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante