Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/05/2018

Terceira edición do Festival Compostela en Bruxelas

Festival Compostela.jpg
  • O sábado 02 de xuño 2018, o Centro Galego de Bruxelas asbl – La Tentation, organiza a terceira edición do Festival Compostela. 
  • Varias actividades previstas nun só día, na Place du Béguinage e en La Tentation.

Bruxelas, 28 de maio de 2018. O Festival Compostela é un festival gratuíto que promove o Camiño de Santiago en Bruxelas a través da cultura, a gastronomía éo folclore, favorecendo o encontro entre as tradicións españolas e belgas no centro de Bruxelas.

Este Festival promove a música tradicional e a diversidade cultural do Camiño de Santiago, recoñecido como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo pola UNESCO, propoñendo un programa diverso: procesión e desfile de grupos tradicionais, casetas gastronómicas, actividades para nenos, conferencia histórica e concertos de música tradicional, na Place du Béguinage e na Tentation.

Comezaremos coa Procesión de Santiago éo desfile folclórico pola mañá a través do casco histórico e da Gran Praza, en colaboración coa Association Belge des Amis de Saint-Jacques éo Vlaams Compostela Genootschap, coa participación de máis de 300 artistas.

O historiador Roel Jacobs dará unha conferencia histórica ”Les liens historiques (méconnus) entre Bruxelles et Anvers: Deux villes sur un même chemin à Santiago de Compostela. » na igrexa du Béguinage. Tamén podes gozar dun prato de polbo galego, viño Albariño, sidra asturiana ou paella nos postos gastronómicos ao mesmo tempo que as actuacións folclóricas presentadas polas asociacións españolas de Bruxelas na praza. Haberá un espazo recreativo para nenos e familias cun castelo e xogos.

Pola noite en La Tentation, terán lugar os concertos dos artistas folk invitados : Carles Belda e Joan Garriga dous dos acordeonistas máis famosos do panorama musical catalán. Seguido dunha iniciación de danzas tradicionais cos bailaríns de Frisse Folk, que nos ensinarán as bases da bourrée, a gigue, pero tamén da muiñeira galega.

O grupo de folk belga Elanor, composto por 5 músicos nos presentaranos a seu novo repertorio musical para acompañar as danzas tradicionais durante o bal folk. Dende Galicia, o dúo de pandeireteiros Radio Cos presentará o seu novo disco por primeira vez en Bruxelas.

Esta terceira edición, finalizará coa celebración da Queimada (poción máxica galega) e a Foliada (jam session) para evitar espíritos malignos e meigas co seu conxuro tradicional.

PROGRAMA

Quartier Saint-Jacques
10:30 Misa e bendición dos peregrinos na Igrexa ND Bon Secours
11:30 Procesión de Santiago e desfile folclórico dende a Igrexa ND Bon Secours, ata a Igrexa da ND
de la Chapelle, pasando pola Gran Praza, Manneken Pis, ata a Place du Beguinage

Place du Béguinage
12:00 Casetas de gastronomía e información turística
14:00 Actuacións folclóricas
15:00 Conferencia histórica con Roel Jacobs « Les liens historiques (méconnus) entre Bruxelles et
Anvers : Deux villes sur un même chemin à Santiago de Compostela »

La Tentation
20:00 Carles Belda e Joan Garriga (CAT)
21:00 Iniciación de danzas tradicionais con Frisse Folk
22:00 Elanor (BE)
23:30 Radio Cos (GA)
01:00 Queimada & Foliada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante