Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/09/2017

A Fundación Galicia Europa participa na apertura dun novo tramo belga do Camiño de Santiago

Mapa do tramo inaugurado da Vía Tenera. © Asociación Belga de Amigos do Camiño
  • Esta nova vía conecta as localidades valonas de Deux-Acren e Ath, e foi froito do labor da Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago
  • A FGE, representada a través da directora da súa oficina en Bruxelas, agradeceu á Asociación Belga de Amigos do Camiño o seu arduo traballo ao servizo dos peregrinos e de todos os interesados na ruta de Santiago de Compostela

Bruxelas, 11 de setembro de 2017. A Fundación Galicia Europa (FGE) participou o pasado sábado na inauguración dun novo tramo belga do Camiño. Esta nova vía conecta as localidades valonas de Deux-Acren e Ath, e foi froito do labor da Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago.

A FGE estivo representada a través da directora da súa oficina en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, quen agradeceu á Asociación Belga de Amigos do Camiño o seu arduo traballo ao servizo dos peregrinos e de todos os interesados na peregrinación de Santiago de Compostela. O tramo recentemente aberto constitúe unha iniciativa admirable que permite trazar unha nova ruta no mapa belga, formando parte dun proxecto máis amplo, que se estende desde Breda nos Países Baixos a Sant-Quentin en Francia.

 

Asociación Belga de Amigos do Camiño

O ano pasado celebrouse en Mons (provincia de Hainaut, Valonia) o 30 aniversario da Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela. Ao longo destas tres décadas a asociación contribuíu a facer do Camiño un itinerario que expresa os valores culturais, espirituais, patrimoniais e interpersoais que caracterizan á civilización europea. A Asociación de Amigos de Santiago de Compostela da a coñecer Galicia e os seus valores no corazón de Europa.

De feito, a ruta a Santiago de Compostela desempeñou e segue desempeñando un papel fundamental na promoción dos intercambios culturais entre Galicia, a Península Ibérica e o resto de Europa que cruza o camiño. Durante os seus once séculos de historia, o Camiño, un cruzamento de culturas, promoveu un diálogo permanente entre os viaxeiros e peregrinos, converténdose nunha ruta de difusión do coñecemento.

A singularidade do Camiño en comparación con outras peregrinacións reside na súa dobre dimensión: é, en paralelo, unha ruta de peregrinación e unha forma de civilización. Esta é a razón pola que o camiño pode ser utilizado para revitalizar o proxecto europeo nestes tempos de dificultades para o continente. Por iso, en maio a FGE organizou un coloquio na sede do Instituto Cervantes en Bruxelas para discutir como o Camiño de Santiago pode contribuír á reconstrución da UE.

As asociacións vinculadas ao Camiño, saliéntallemete máis numerosas nos últimos anos, xogan, sen dúbida, un papel no estudo, a sinalización e a defensa de rutas xacobeas. A Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela é un exemplo magnífico de todo isto.

 

Vía Tenera, conectando o Camiño de Países Baixos a Francia

En 2016 a Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela comezou os traballos de restauración de Vía Tenera, conectando Holanda con Valenciennes en Francia, vía Anveres, Dendermonde, Lessines, Ath e Rombies-Marchipont. Nese proxecto enmárcase a apertura do tramo Deux-Acren e Ath do pasado sábado.

A asociación, en colaboración coas Oficinas de Turismo de Lessines e Ath, así como coas asociacións de Flandes, Holanda, Cambrai e Valenciennes, inaugurou o novo tramo de Deux-Acren-Lessines-Ath con ocasión dos Días do Patrimonio en Valonia.

Fonte: Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago de Compostela


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante