Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/05/2017

A FGE promove a reconstrución do proxecto europeo a través do Camiño de Santiago

O director do Instituto Cervantes en Bruxelas, Felipe Santos, intervén na xornada Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago. © Fundación Galicia Europa
  • Nunha situación complexa para a UE cobran importancia elementos que uniron durante séculos aos europeos, como o Camiño de Santiago
  • A Fundación Galicia Europa e o Instituto Cervantes de Bruxelas organizaron unha xornada sobre esta temática
  • 23 representantes de asociacións de amigos do Camiño de Santiago visitaron a semana pasada Bélxica, participando ademais neste evento

Bruxelas, 16 de maio de 2017. A Fundación Galicia Europea organizou a pasada semana un coloquio na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas para debater sobre como o Camiño de Santiago pode contribuír a reconstruír a UE. Nestes momentos difíciles para a Unión, marcados polo Brexit e a aparición de populismos no continente, freados en certa forma pola vitoria de Macron en Francia, Europa enfróntase á necesidade de refundarse. Neste contexto cobran especial relevancia elementos que ao longo da historia uniron aos europeos, como é o caso do Camiño de Santiago.

A Fundación Galicia Europa e o Instituto Cervantes de Bruxelas puxeron en marcha conxuntamente esta xornada, que contou con 23 representantes de asociacións de amigos do Camiño de Santiago galegas, acompañados do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. A súa visita enmárcase nunha viaxe a Bélxica para coñecer distintas posibilidades que as institucións europeas ofrecen para dinamizar turísticamente o Camiño. Por iso, tras visitar o Parlamento Europeo, os representantes participaron en varias sesións de traballo na sede da Fundación Galicia Europa, centradas todas en explicar aos asistentes as posibilidades de financiamento de proxectos relacionados coa ruta xacobea. Unha asesora técnica da Comisión Europea explicou o porqué do apoio europeo ao turismo cultural e sustentable, mentres que Cristina Núñez, coordinadora de Necstour, detallou como esta plataforma sirva para o intercambio de coñecementos en materia de turismo sustentable e competitivo. Por parte da Fundación, Ana Ramos e Tania Gesto, directora e asesora técnica respectivamente, expuxeron as achegas que a nosa entidade pode facer aos promotores dos Camiños de Santiago.

Un Camiño de Santiago forte, que aproveite ao máximo as súas potencialidades económicas, e á vez medioambientalmente sustentable, axuda non só ao benestar da poboación de Galicia, senón de todo o continente. O Camiño atravesa a xeografía europea de leste a oeste; Goethe dixo que “Europa naceu peregrinando a Compostela”. Por iso potencialo é un vía para volver sentirnos europeos, tal e como se reflexiono nesta xornada en Bruxelas.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante