Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/10/2016

A FGE, presente durante o 30 aniversario da Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela

Pascal Duchene e Ana Ramos
  • Ao acto acudiron un total de 125 participantes incluidos representantes de asociacións holandesas, do oeste de Alemania e de norte de Francia.

Bruxelas, 31 de outubro de 2016 - A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, acudiu o pasado sábado a Mons en representación da Axencia de Turismo de Galicia para participar no acto celebrado pola Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela.

Durante o acto, ao que non puido acudir, por problemas de axenda, o Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, Ramos deu un discurso no que agradeceu a labor da Asociación Belga de Amigos de Santiago de Compostela ao longo dos seus 30 anos de historia. A asociación presidida por Pascal Duchene leva 3 décadas sendo un punto de referencia para os peregrinos belgas que cada ano deciden facer o camiño, tanto a través da súa páxina web como dos distintos talleres informativos e actividades que realizan ao longo do ano.

Ramos e Duchene intercambiaron palabras durante o acto e os dous amosaron seu compromiso firme por seguir traballando de cara a impulsar o papel do Camiño de Santiago como itinerario que serve non so como plataforma de promoción turística para Galicia se non tamén como ”lugar de encontro para todas as culturas europeas”.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante