Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/11/2021

A FGE clausura a última edición do ano de TecEuropa

5452F_1637334881_final_tec.jpg
  • A directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, clausura a décimo quinta edición de TecEuropa e destaca a importancia desta formación para que Galicia continúe a ser unha das rexións que mellor executa fondos europeos de toda a Unión, como manifestaron os altos cargos comunitarios cos o presidente da Xunta se reuniu o pasado martes
  • Ao longo de cinco xornadas, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación ”Next Generation UE”

Bruxelas,  de 19 de novembro de 2021.- A directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, clausurou esta mañá a décimo quinta edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa” da Fundación Galicia Europa.

Durante a súa intervención, a directora deu as gracias aos máis de 80 inscritos de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro e destacou a importancia desta formación para manter o liderado galego a nivel europeo na execución de fondos europeos en liña cos obxectivos comunitarios, tal e como lle trasladaron os altos cargos europeos ao presidente da Xunta na súa recente visita a Bruxelas. 

Ademais, recordou que, con esta, a FGE da cumprimento ao compromiso adquirido na última reunión do seu padroado en 2020, de continuar facilitando ás entidades galegas o acceso ás distintas fontes do financiamento europeo, a través da celebración de cinco edicións do programa en 2021. 

Ao longo desta e das anteriores catro sesións virtuais, os asistentes puideron abordar en detalle todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 21-27 e ao instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, con especial fincapé nas transicións ecolóxica e dixital e en programas europeos como Life e Horizonte Europa, da man de especialistas e de representantes da Comisión Europea.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de 14 edicións á formación de máis de 450 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o
curso galego de referencia nesta materia.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante