Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/09/2021

A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre o ”Obxectivo55” nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

5421F_1632913311_Ana_Ramos_NGGA.jpg Ver máis...
  • A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas inaugurou hoxe a sétima reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia”, na que destacou a forte aposta galega pola consecución dos oxectivos fixados no Pacto Verde Europeo
  • Durante o encontro, unha ampla representación da Xunta puido abordar, da man dun representante da Comisión Europea, o novo paquete lexislativo “Obxectivo 55”, o paso intermedio para acadar a neutralidade climática no 2050

Bruxelas, 29 de setembro de 2021.- Tras a tempada estival, a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou hoxe o ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia”, no que a Xunta e a Comisión Europea retomaron os seu contacto mensual habitual, nesta ocasión, para abordar o conxunto de propostas recollidas no “Obxectivo 55”, o paquete lexislativo lanzado pola Comisión Europea o pasado xullo.

Durante a súa intervención, Ana Ramos deu a benvida aos participantes e fixo fincapé na clara aposta galega por converterse nunha rexión de referencia na aplicación do Pacto Verde Europeo, a estratexia de crecemento da UE que busca acadar a neutralidade climática en 2050, través da posta en marcha de iniciativas como a Estratexia galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, a Estratexia galega de Economía Circular para o período 2020-2030 ou o compromiso adquirido pola propia Fundación Galicia Europa co Pacto Europeo polo Clima.

Seguidamente, e coa mirada posta na consecución dos obxectivos climáticos, unha ampla representación da Xunta puido afondar, xunto coa xefa de unidade adxunta na Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea, Yolanda García Mezquita, nos contidos de “Obxectivo 55”, que abarca ámbitos como o das enerxías renovables, o do comercio dos dereitos de emisión, a fiscalidade da enerxía ou as emisións de turismos. 

O propósito deste paquete lexislativo é impulsar, de aquí a 2030, a redución en polo menos un 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto aos niveis de 1990, como paso previo para acadar a neutralidade climática en 2050. 

Ciclo de encontros virtuais Xunta-UE da FGE

Primeiro baixo o nome de “Galicia na recuperación económica da UE” e agora como “FGE | Next Generation Galicia”, o ciclo de encontros virtuais da FGE tratou, desde a súa posta en marcha en setembro de 2020, numerosos temas de relevancia para Galicia como a transición verde, a Estratexia Industrial para Europa ou a futura política de cohesión 2021-2027. Nestes encontros participan responsables políticos e técnicos dos departamentos da Xunta e da Comisión Europea. Co cambio de nome, a FGE quere subliñar o rol que está a desempeñar para dar apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGeneration EU.


Imaxes relacionadas


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante