Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/04/2021

Máis de 120 profesionais de entidades galegas dánse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

5322F_1619798799_TecEu.jpg
  • A Fundación Galicia Europa celebra o acto de clausura do seu curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa” e anuncia as datas da próxima edición, destinada ao sector privado, que terá lugar no mes de xuño
  • Ao longo de cinco xornadas, os asistentes puideron abordar da man de especialistas comunitarios e representantes da Comisión Europea, o novo Marco Financeiro Plurianual e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”
  • Esta edición contou coa participación do director xeral de Orzamentos e Planificación da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, e de varias entidades galegas que puideron compartir con outras organizacións a súa experiencia como xestoras de fondos europeos


Bruxelas, 30 de abril de 2021. Esta mañá, tivo lugar o acto de clausura da décimo segunda edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, da Fundación Galicia Europa, a cargo da directora da oficina desta entidade en Bruxelas, Ana Ramos. 

Durante a súa intervención, Ana Ramos agradeceu aos máis de 120 asistentes, de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro, e aos relatores da Comisión Europea a súa participación. Así mesmo, e na mesma liña que a expresada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto inaugural, destacou a importancia do curso para contribuír a unha xestión eficiente dos fondos europeos en Galicia.

Ao longo das cinco xornadas de duración do curso, os asistentes puideron abordar da man de especialistas comunitarios e representantes da Comisión Europea, o novo Marco Financeiro Plurianual 21-27 e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, con especial fincapé nas transicións ecolóxica e dixital e en programas europeos como Horizonte Europa.

Ademais, esta edición contou coa participación do director xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, quen explicou aos asistentes os traballos da comisión “Next Generation Galicia”, e de varias entidades galegas, que compartiron a súa experiencia en xestión de fondos europeos, como SOGAMA, a Fundación Juana de Vega ou Bioga.

O próximo TecEuropa destinado á formación deste tipo de entidades terá lugar no mes de novembro. Mentres, a Fundación Galicia Europa prepara xa a próxima edición do curso, dirixido, nesta ocasión, ao sector privado galego, que dará comezo o 8 de xuño.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu á formación de máis de 350 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante