Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/04/2021

A Xunta e a Comisión Europea abordan o novo programa de saúde da UE nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

5320F_1619529406_Image2.jpg
  • Durante o cuarto encontro virtual “FGE | Next Generation Galicia”, da Fundación Galicia Europa, unha ampla representación da Xunta puido coñecer, da man da responsable de políticas do Grupo Operativo “UEproSaúde” da Comisión Europea, os detalles do novo programa de saúde da UE para o período 21-27


Bruxelas, 27 de abril de 2021. Esta mañá, a Xunta e a Comisión Europea déronse cita novamente na cuarta reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia”, que a Fundación Galicia Europa (FGE) celebra dende o mes de xaneiro para abordar os diferentes aspectos da recuperación e a transformación económica de Galicia no contexto europeo. Nesta ocasión, ambas institucións abordaron a estratexia comunitaria en materia de saúde.

Durante este encontro, moderado pola directora da oficina bruxelesa da FGE, Ana Ramos, unha ampla representación da Xunta puido coñecer, da man da responsable de políticas do Grupo Operativo “UEproSaúde” da Comisión Europea, Ana Burgos, os detalles do novo programa de saúde da UE para o período 21-27. Un programa que, tras a pandemia, ocupa un lugar prioritario na axenda política europea ó contar cun orzamento de 5 100 millóns de euros, que o converten, en termos monetarios, no maior executado ata o momento nesta materia.

O obxectivo do programa é impulsar a innovación e desenvolver a resiliencia dos sistemas sanitarios europeos, a través de investimentos nos Estados membros, nas organizacións sanitarias e nas ONG, ao tempo que apoia a prevención das ameazas transfronteirzas para a saúde e promove a preparación da Unión ante futuras crises.

Ciclo de encontros virtuais Xunta-UE da FGE

Primeiro baixo o nome de “Galicia na recuperación económica da UE” e agora como “FGE | Next Generation Galicia”, o ciclo de encontros virtuais da FGE tratou, desde a súa posta en marcha en setembro de 2020, numerosos temas de relevancia para Galicia como a transición verde, a Estratexia Industrial para Europa ou a futura política de cohesión 2021-2027. Nestes encontros participan responsables políticos e técnicos dos departamentos da Xunta de Galicia e da Comisión Europea. Co cambio de nome, a FGE quere subliñar o rol que está a desempeñar para dar apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGenerationUE.


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante