Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/11/2020

A Xunta e a Comisión Europea abordan o novo Plan de acción para a economía circular

5182F_1605110827_GREUE8.png


  • A Fundación Galicia Europa reúne a Xunta e a Comisión Europea no seu ciclo de encontros virtuais “Galicia na recuperación económica da UE”

  • O novo Plan de acción para a economía circular da UE será un dos elementos decisivos para alcanzar a neutralidade climática da Unión no 2050


Bruxelas, 11 de novembro do 2020. Hoxe, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea déronse cita, novamente, no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa (FGE) “Galicia na recuperación económica da UE”, para abordar o novo Plan de acción de economía circular, un dos principais elementos para dar cumprimento aos obxectivos do Pacto Verde Europeo e para alcanzar a neutralidade climática da Unión no ano 2050.

 

Neste oitavo encontro, a directora da oficina en Bruxelas da FGE, Ana Ramos, deu a benvida aos seis departamentos participantes da Xunta, que puideron coñecer da man da técnico na Dirección Xeral de Medioambiente (DG ENV) da Comisión Europea, María Rincón, os detalles da estratexia sobre economía circular da Unión, así como dos próximos pasos para a súa posta en marcha a través dos programas europeos. Unha posta en marcha que, como destacou Ana Ramos, poderá supoñer unha oportunidade para as rexións, de cara a potenciar a transición a unha economía circular, grazas á súa experiencia de xestión na materia. Neste sentido, a directora da oficina da FGE en Bruxelas recordou, ademais, que Galicia conta, desde o pasado ano, coa súa propia Estratexia de Economía Circular 20-30 e que segue a traballar neste campo deseñando novos proxectos, como a creación dun centro para fomentar a economía circular, que se espera sexa incluído dentro do Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia.

 

 

Galicia na recuperación económica da UE

 

Este encontro é o oitavo dun ciclo organizado pola FGE que ten como obxectivo achegar á administración galega as políticas europeas que guían o Plan de Recuperación para Europa e o novo marco financeiro plurianual 21-27. Os anteriores encontros trataron temas, como o futuro Fondo de Transición Xusta, a nova estratexia industrial da UE, a próxima xeración de fondos de política rexional, o instrumento temporal “Next Generation  EU” ou os retos dixitais da UE.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante