Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/11/2020

A Xunta e a Comisión Europea analizan o papel da I+D+i na recuperación económica da UE

5176F_1604502608_img_greue7.png
  • A FGE reúne á Xunta e a Comisión Europea no seu ciclo de encontros virtuais “Galicia na recuperación económica da UE”

Bruxelas, 4 de novembro de 2020. Esta mañá, a Xunta participou, novamente, no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa (FGE) “Galicia  na recuperación económica da UE”, para abordar xunto á Comisión Europea o papel da I+D+i na recuperación económica da Unión, tras a crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Neste sétimo encontro, moderado pola directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, unha ampla representación da Xunta puido coñecer de man do xefe de equipo na unidade “Crecemento e Innovación” do Centro Común de Investigación (JRC) da Comisión Europea e coordinador da Plataforma de Estratexias de Especialización Intelixente, Manuel  Palazuelos Martínez, as fórmulas para acelerar as transformacións ecolóxica e dixital da Unión, a través da aliñación dos investimentos e reformas en I+D+i a escala nacional e europea e das Estratexias rexionais para a especialización intelixente.

Ademais, durante o encontro os asistentes puideron debater sobre as diferentes plataformas temáticas que están a por en marcha proxectos de I+D+i, como as destinadas aos sectores da agricultura, enerxía ou industria, co fin de avanzar no cumprimento dos obxectivos do Pacto Verde Europeo.



Galicia na recuperación económica da UE 

Este encontro é o sétimo dun ciclo organizado pola  FGE que ten como obxectivo achegar á administración galega as políticas europeas que guían o Plan de Recuperación para Europa e o novo marco financeiro plurianual 21-27.  Os seis primeiros encontros trataron temas, como o futuro Fondo de Transición Xusta, a nova estratexia industrial da UE, a próxima xeración de fondos de política rexional, o instrumento temporal  Next  Generation  EU ou os retos dixitais da UE.

 

 

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante