Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/10/2020

As rexións automobilísticas europeas no núcleo da transición verde

5171F_1604000944_20_10_29-CoRAI.jpg Ver máis...
  • O evento foi inaugurado polo comisario de Orzamentos, Johannes Hahn, quen sinalou que “as rexións europeas constitúen o centro das transicións ecolóxica e dixital”
  • O Pacto Verde e o orzamento da UE axudarán ás rexións automobilísticas na transformación ecolóxica da industria.

Bruxelas, 29 de outubro 2020- No contexto da Semana Europea das Rexións e as Cidades (EWRC), o Grupo Interrexional do Futuro do Sector do Automóbil do Comité das Rexións (CoRAI), do que Galicia forma parte dende a súa creación en 2009, levou a cabo un evento en liña sobre o papel das rexións automobilísticas na consecución da transición verde. Inaugurado por Johannes Hahn, comisario de Orzamentos, reuniu a membros do CdR, a representantes da industria e a outras partes interesadas.

Algunhas das conclusións extraídas foron as seguintes:

  • A pandemia subliñou a importancia da transición verde, impulsada mediante o Pacto Verde Europeo.  Neste contexto, o 30% do orzamento comunitario contribuirá ó obxectivos climáticos e a Comisión Europea esixirá que os Plans nacionais de Recuperación e Resiliencia inclúan, de maneira obrigatoria, como mínimo un 37% de gastos relacionados co clima. 
  • A transición verde ten que ser “xusta e integradora” en toda a UE, para o que o executivo comunitario propón mitigar as consecuencias sociais e económicas da mesma mediante a creación do Mecanismo de Transición Xusta. É importante que esta transición non supoña unha perturbación para o sector, posto que a industria europea do automóbil proporciona preto de 5 millóns de empregos en toda Europa.
  • A industria do automóbil precisa dun marco político que inclúa todos os niveis (rexional, nacional e europeo) e apoie a I+D+i.
  • A crise sanitaria está afectando gravemente ó sector do automóbil, de tal xeito que a venta de vehículos descendeu un 30% en 2020 con respecto ó ano anterior.
  • Avogando polo principio de neutralidade tecnolóxica, sinalouse que a mobilidade do futuro precisa dun enfoque enerxético aberto para conseguir a redución de emisións (electricidade, hidroxeno...)

Contexto

O Grupo Interrexional do Futuro do Sector do Automóbil nace en 2009 no seo do Comité das Rexións como unha rede informal formada por rexións con intereses específicos no sector automobilístico que promove a cooperación coa industria e outras partes interesadas así como actuar de enlace coas institucións europeas. 

Galicia é membro do CoRAI dende a súa creación en 2009. En outubro de 2019, a FGE formou parte da organización do I Cumio sobre Mobilidade Autónoma, que contou coa intervención do conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, quen remarcou a posición vantaxosa de Galicia ante os novos retos derivados da condución autónoma. Pola súa parte, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), presentou SISCOGA, un corredor de probas que ten como obxectivo principal poñer en marcha proxectos relacionados coa mobilidade autónoma.


Máis información

Axenda

Gravación do evento


Imaxes relacionadas


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante