Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/10/2020

Dá Comezo a 18º edición da EURegionsWeek cunha destacada participación galega

5129F_1601994278_eruregionsweek.jpg
  • A Fundación Galicia Europa apoia un ano máis a participación galega na EURegionsWeek
  • Hoxe tiveron lugar dous seminarios sobre I+D+i que contaron con participación galega
  • Este ano a programación da Semana Europea das Rexións e Cidades durará tres semanas e acollerá preto de 500 actos  online

Bruxelas, 6 de outubro de 2020. Hoxe, a Fundación Universidade Empresa Galega (FEUGA) coa colaboración da Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou dous dos seminarios virtuais que contarán con participación galega na Semana Europea das Rexións e Cidades (EURegionsWeek 2020), o evento europeo de referencia sobre iniciativas urbanas e rexionais, que este ano, debido á Covid-19, será completamente  online e prolongarase durante dúas semanas máis, do 5 e o 22 de outubro. Cada unha das semanas deste evento, que organizan de maneira conxunta o Comité Europeo das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REXIO), está dedicada a un tema diferente: “Empoderamento cidadán”, “Cohesión e cooperación” e “Europa verde”.

No primeiro dos dous seminarios organizados hoxe por  FEUGA en colaboración coa  FGE, “Desbloquear o potencial da innovación rexional a través da investigación e a innovación responsables e das redes  multi-actor”, representantes da Axencia de Innovación de Galicia (GAIN), de FEUGA e da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, debateron sobre unha metodoloxía que ten como obxectivo potenciar a innovación, a cocreación e a transferencia de coñecemento entre as diferentes rexións de Europa e analizaron o papel crave que desempeñan a investigación e a innovación responsables (RRI) en Horizonte Europa, o próximo programa de investimento en investigación e innovación da UE para o período 21-27.

O segundo seminario, “Habilidades e perfís profesionais: Galicia 2030”, contou coa participación de expertos de diversas iniciativas europeas, como o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da  Univerdade da Coruña (UDC) ou o director de FEUGA, que debateron sobre como fomentar a competitividade e o emprego en Europa e sobre como promover unha maior colaboración entre as universidades e a industria para garantir as oportunidades dos egresados.

Outros actos con participación  galega

Entre os preto de 500 actos virtuais programados, a #EURegionsWeek 2020 contará con máis participación galega durante a próxima semana. O 13 de outubro, a Xunta de Galicia explicará a súa experiencia cos sistemas de información xeográfica para a ordenación territorial no seminario #TerritorialData, que organiza a Comisión Europea. Ese mesmo día 13, a Deputación de Lugo participa no seminario “O reto europeo do envellecemento activo  pos- Covid19” e o 14 de outubro, a  Eurocidade  Chaves – Verín organiza, “Asociacións Europeas de Cooperación Transfronteiriza Ibéricas rumbo a 2030”.


TecEuropa # EURegionsWeek

O pasado ano a  FGE celebraba, por primeira vez, unha edición do seu programa de especialización en financiamiento comunitario, TecEuropa, coincidindo coa  EURegionsWeek. Desta forma, 20 xestores de fondos europeos de entidades galegas puideron asistir  presencialmente a este evento de referencia a nivel europeo co asesoramento da  FGE. Este ano, malia que a situación provocada pola pandemia impide a repetición desta edición especial, a FGE continúa colaborando en varios actos e fomentando e difundindo a participación galega na  EURegionsWeek 2020.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante